Preliminares do Curso de Gravado

01042015317 Por fin, despois destas vacacións, comeza HOXE DÍA 7 o tan esperado CURSO DE GRAVADO NO TORRENTE BALLESTER.

Os alumnos que vaian ir os martes comezan hoxe, día 7. Os que teñan turno do xoves comezan pasado mañá, o día 9 de abril.

MOI IMPORTANTE: OS ALUMNOS QUE AÍNDA NON TEÑAN PAGADOS OS 20 EUROS DA MATRÍCULA TEÑEN QUE PASAR POLO CONCELLO (CULTURA, 2º ANDAR) E PEDIR A CARTA DE PAGO PARA PODER FACER O INGRESO NO BANCO. ISTO TEN QUE ESTAR PAGADO NESTA SEMANA (DERRADEIRO DÍA, 10 DE ABRIL) OU PÉRDESE O DEREITO DE MATRÍCULA.

Os listados pódense achar na web do Concello de Ferrol, no TABOLEIRO DE ANUNCIOS.

Mais para faciltarvos a tarefa vouvos poñer eu aquí a adxudicación de turnos. Eu non teño inconvinte en que fagades permutas entre un e outro turno para poder acomodar o horario da mellor maneira. Nas clases de hoxe e o xoves 9 falaremos disto.

LISTADO DOS DOUS GRUPOS:

GRUPO DO MARTES: COMEZO 7 DE ABRIL

  1. Sendón López, Mª Carmen
  2. Bucley Pérez, Cleopatra A.
  3. Aramendia Catalán, Marta
  4. Cachaza Prieto, Yolanda
  5. Hoyo Suárez, Mª Jesús
  6. Veiga Freire, Nicolás
  7. Dulce Anca, Das —————————————–até aquí a 1ª tanda de matrículas.
  8. Castro Fernández, Avelino
  9. Martín Romero, Mª Asunción
  10. Iglesias Navidad, Estela
  11. Rubín Iglesias, Ángel Carmelo
  12. López Botana, Carmen
  13. Saavedra Barcia, Pilar
  14. Barros Carnero, Marta
  15. Nodar Fernández, Mario

GRUPO DO XOVES, COMEZO 9 DE ABRIL

  1. Solano Molina, José Miguel
  2. Álvarez Porto, María A.
  3. Rey Díaz, Alejandro
  4. Díaz Sanjuán, Mª de las Mercedes
  5. González Piñón, Patricia
  6. Valdivieso Mateo, Mario
  7. Yáñez Leira, Oliva
  8. Vázquez Fernández, Mª Cristina
  9. Blanco Vázquez, Belén
  10. Rubio Parada, Concepción
  11. Varela Martín, Rosalía
  12. Serantes Freire, Josefina

Así xa sabedes cal é o grupo no que vos toca vir en principio, os listados definitivos xa os estableceremos na clase. E a continuación póñovos tamén o programa definitivo do curso e o material que tendes que traer xa o primeiro día se podedes.

PROGRAMA DO CURSO Trimestre: 13 sesións.

  1. O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado. A imaxe invertida. Monotipos.

  2. Técnicas aditivas: Carborundum/Colaxe/Collagraph.

  3. Carborundum/Colaxe/Collagraph II.

  4. Técnicas subtractivas: Linóleo I.

  5. Linóleo II.

  6. Gravado directo: Punta Seca en plásticos.

  7. Punta Seca en metal.

  8. Augaforte electrolítico.

  9. Augaforte e augatinta I.

  10. Augaforte e augatinta II.

  11. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas I.

  12. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas II.

  13. Preparación da exposición de final de curso.

MATERIAIS

Os materiais do curso, na súa maior parte, están incluídos. Parte deles son ferramentas de uso común na aula (compártense) como gubias, puntas secas, bruñidores-rascadores, tórculo, prensa vertical, cubetas, etc. Outra parte son materiais funxíbeis como placas metálicas (cobre e zinc), papeis, tintas, tarlatana, baños mordentes… Non obstante hai certos materiais que debe prover o alunado, e son os que detallo a continuación:

  1. Bata, mandil ou roupa vella Para non manchar a roupa propia coas tintas e outros materiais do taller.

  2. Caderno e bolígrafo/lápis Para tomar apuntes nas clases

  3. Material de debuxo axeitado Para facer os bocetos previos ao gravado.

  4. Luvas Poden ser desbotábeis

USO DAS FERRAMENTAS DO TALLER

O uso das ferramentas de gravado debe facerse con precaución e atendendo ás indicacións do profesor. En canto á utilización do tórculo, prensa vertical e fonte de alimentación eléctrica debe facerse sempre baixo a supervisión do profesor para evitar posíbeis danos. Non estará permitido sacar ningunha das ferramentas fóra da aula-taller.

One thought on “Preliminares do Curso de Gravado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *