Curso de Gravado no C. C. Torrente Ballester

IMG-20150220-WA0012O próximo día 7 de abril comezaremos a impartir o curso “GRAVADO: TÉCNICAS BÁSICAS” no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Un curso moi completo no que durante tres meses tocaremos as principais técnicas de gravado, desde os monotipos ata o gravado calcográfico electrolítico. Inclúese todo o material preciso e o prezo total é de só 20 euros. Haberá dous grupos, un deles os martes e outro os xoves, de 17 a 20 h. A inscrición xa está aberta no Concello de Ferrol (podedes preguntar en Cultura, no 2º andar), e aconsellámosvos anotarvos axiña, pois as 15 prazas por grupo (30 en total) daranse por orde de inscrición.

O prazo de inscrición prorrogouse ata o día 31 de marzo, polo que aínda tedes uns diíñas para aproveitar. Máis alá do día 31 non hai posibilidade de se inscribir.

PROGRAMA:

  1. O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado.
  2. A imaxe invertida. Monotipos.
  3. Técnicas aditivas: Carborundum.
  4. Colaxe/Collagraph.
  5. Técnicas subtractivas: Linóleo I.
  6. Linóleo II.
  7. Gravado directo: Punta Seca en plásticos.
  8. Punta Seca en metal.
  9. Augaforte electrolítico.
  10. Augaforte e augatinta I.
  11. Augaforte e augatinta II.
  12. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas I.
  13. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas II.
  14. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas III.
  15. Preparación da exposición de final de curso.

Aquí está a FOLLA DE INSCRICIÓN na web do Concello: https://www.ferrol.es/arquivos/documentos/cultura/obradoiros_primavera_2015/OBRADOIRO_GRAVADO_SOLICITUDE.pdf

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *