CURSO BÁSICO DE GRAVADO – OUTONO 2015 – CONCELLO DE FERROL

_MG_9407Xa está todo a punto para comezar unha nova edición do CURSO de GRAVADO no Centro Cultural Torrente Ballester.

O curso dura desde outubro a decembro e toca un feixe de técnicas básicas, desde o collagraph e o carborundo ata a calcografía avanzada (augatinta de levantados) pasando polo linóleo, a punta seca, a augaforte electrolítica e electroquímica…

O profesor é Miguel-Anxo Varela, calígrafo, debuxante e pintor ferrolán, licenciado en Belas Artes por Barcelona. Mais abaixo deixámosvos o programa do curso e fotos da edición pasada.

IMPORTANTE: O PRAZO DE MATRÍCULA REMATA O 16 DE SETEMBRO DE 2015.
ORGANIZA: Concello de Ferrol
LUGAR: Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol)
PROFESOR: Miguel-Anxo Varela Díaz
HORARIO: de 5 a 8 da tarde.
GRUPOS: MARTES, MÉRCORES ou XOVES
PREZO: 20 euros (todo o curso)*
DURACIÓN: 3 meses (de octubre a diciembre)
FOLLA DE INSCRICIÓN E BASES DA CONVOCATORIA:
https://www.ferrol.es/04-taboleiroAnuncios-ampliar-es.aspx?id=155

* Materiales incluidos

11731739_879405652131257_58597505546960027004_o

PROGRAMA DO CURSO.
DE SETEMBRO A DECEMBRO: TÉCNICAS BÁSICAS (12 SESIÓNS):

INTRODUCCIÓN

  1. O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado. A imaxe invertida. Monotipos.

BLOQUE I – TÉCNICAS ADITIVAS

  1. Carborundum e Collagraph I.

  2. Carborundum e Collagraph II.

BLOQUE II – GRAVADO EN RELEVO

  1. Linóleo e Xilografía I

  2. Linóleo e Xilografía II

  3. Linóleo e Xilografía III

BLOQUE III – GRAVADO EN OCO DIRECTO

  1. Punta Seca en plásticos.

  2. Punta Seca en metal e Lavis.

BLOQUE IV – CALCOGRAFÍA: AUGAFORTE, AUGATINTA E LEVANTADOS

  1. Mordentes. Augaforte electrolítico.

  2. Augaforte e augatinta.

  3. Levantados: gravado ao aceite, ao azucre e alcol I.

  4. Levantados: gravado ao aceite, ao azucre e alcol II.

ILUSTRACIONCALCOG copia

Para máis información tamén podedes chamar a Cultura – Concello de Ferrol:
Tel: 981.944.180
e-mail: cultura@ferrol.es

Ou ao profesor (Miguel-Anxo):
Tel: 665 491 386
e-mail: anxova@gmail.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *