Nace Retratista Nómada Galicia

img_20160927_165710_623Ola, amigos do debuxo e a pintura.

Nace en Ferrol o grupo RETRATISTA NÓMADA Galicia para todas as persoas que disfrutan de xuntarse un día e debuxar a figura humana polo puro pracer de facelo.

Aínda que comezamos en Ferrol, cidade dos promotores do grupo, a intención é que pouco a pouco vaiamos quedando en toda Galiza, nos lugares que nos propoñades e que ao grupo, segundo vaia crecendo, lle resulte interesante ir.

Inicialmente íamos bautizar o grupo como RETRATISTA NÓMADA Ferrol, mais a imitación de Sketchcrawl, que só ten creado un grupo para Galiza enteira, cremos que pode ser boa a idea que o grupo, en principio, abranga toda a Comunidade.

Somos os seus promotores iniciais Carmen Martín e Miguel-Anxo Varela, artistas, licenciados en Belas artes e residentes en Ferrol, como dicían no Un Dos Tres.

Para a xornada inaugural deste grupo – que ogallá manteña o pulo e medre exponencialmente- convidámosvos a achegarvos á nosa bonita cidade, Ferrol, na cal temos o noso Estudio no centro histórico ESTE DOMINGO DÍA 2 DE OUTUBRO ÁS 11,00.

Rúa Coruña 11, 2°, Ferrol. Esquina con Real.

Teléfonos 665491386 e 657033782.

Entrada libre e gratuíta.

Grupo en Facebook: https://www.facebook.com/groups/retratistanomadaferrol/?fref=ts

Evento en Facebook, clicando aquí.

Guardar

Guardar

Guardar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *