Pintura Louca (con Carmen Martín) no ATENEO FERROLÁN

A mediados de setembro comezou o taller “PINTURA LOUCA” de CARMEN MARTÍN.

Un taller onde nenos e neneiros poden explorar as posibilidades dos materiais e técnicas artísticas desde a pura creatividade e o xogo.

Con Carmen Martín, pintora, ilustradora, artista plástica así en xeral, licenciada en Belas Artes e fundadora da mítica Escola Aberta de Arte, La Casa del Arte en Málaga ou o Casal de Arte.

Sábados de 11,30 a 13 h no ATENEO FERROLÁN*.

Xa podes reservar prazas.
Prazas limitadas.

Os socios do Ateneo Ferrolán teñen un desconto do 20% no prezo. Familiares directos (pais, irmáns) teñen o mesmo desconto, non acumulábel.

 

(*) Damos grazas a Galería Sargadelos Ferrol, onde tivo lugar a primeira clase do taller.

Exposición del Obradoiro de Gravado

Mi intención, lo juro, era ir poniendo en este blog fotos y artículos sobre el desarrollo del Curso de Grabado desde el principio hasta el final a medida que íbamos trabajando.

Pero como suele pasar cuando uno es profesor, la documentación de una actividad intensa a veces resulta difícil porque justamente su intensidad hace que lo último de que te acuerdes es de ir documentando.

Así que en fin, hay mucho más de lo que aquí hemos publicado. Dentro de unos días os pondremos un resumen, no os preocupéis.

El día 7 de julio, tres meses exactos después de empezar el taller, hicimos en el Centro Cultural Torrente Ballester (sala de Proxectos) la inauguración de la exposición de fin de curso.
Ha quedado realmente impresionante y podéis visitarla hasta el día 31 de este mes de julio. Quedan pocos días, vale la pena que le hagáis un hueco.

(La entrada sigue después de las fotos).

A la exposición asistió muchísima gente, tanto alumnos como público en general, y contamos además con la presencia de Suso Basterrechea, artista, amigo y desde hace poco nuevo concejal de Cultura, que manifestó su apoyo al taller de grabado y su compromiso por renovar y ampliar su actividad. Genial.

Y hubo de todo: comida, buen vino, cerveza… todo gracias a los alumnos, que se han volcado en el curso y su exposición.

Aquí os dejo unas pocas fotos para que veáis, pero lo mejor es que os acerquéis al Torrente Ballester en su horario de verano: de 11,30 a 13.30 y de 19 a 21 h. Acaba el 31 de julio, os aviso.

¡No te cortes con el linóleo!

Llevamos ya dos semanas con el linóleo. En realidad el trabajo está siendo muy intenso. Tanto que apenas tuve tiempo de sacar fotos durante las clases y ponerlas aquí. Pero en fin, aquí iré subiendo tanto las fotos de las obras como las del ambientillo del taller, que es francamente bueno.

Collagraph, traballos do primeiro dia.

Aquí pódense ver os traballos que fixeron os alumnos coas técnicas do Collagraph e o Carborundum, no primeiro día adicado a estas técnicas no taller de Gravado de Primavera no Torrente Ballester de Ferrol.

Collagraph e afíns

Nas dúas semanas seguintes neste curso de gravado do Concello de Ferrol imos meternos de cheo co gravado aditivo, co collagraph e as técnicas afíns do collage e o carborundum, sexan soas ou mesturadas.

O Collagraph consiste en preparar unha matriz na que pegaremos a un suporte normalmente ríxido (por exemplo un anaco de taboleiro DM) unha serie de elementos que poden ser semellantes entre si ou totalmente heteroxéneos.

Cordas, madeiras, anacos de plástico, metal ou materiais vexetais poden combinarse a vontade dando grande riqueza ao resultado final. A única norma que soe respetarse é que os grosores dos elementos encolados sexan semellantes, para facilitar o entintado da matriz.

Para evitar cheiro a disolvente, na aula imos utilizar adesivos como a cola térmica, a cola de montaxe, o alquil ou cola de carpinteiro.

image Se tedes algún destes adesivos da foto, ou outro semellante, como o alquil ou a cola de carpinteiro non dubidedes en traelos.

O traballo dividiráse en dúas fases. Na primeira xornada prepararemos a matriz cos elementos encolados e na segunda imprimiremos as estampas.

Resumo: Para a próxima semana tendes que traer TODOS:

  1. Algún adesivo dos recomendados que xa teñades na casa.
  2. Un suporte ríxido (madeira, taboleiro, chapa, plástico…)  non moito maior de DIN-A4
  3. Cousas para pegar no suporte (cordas, madeiras, anacos de plástico, metal ou materiais vexetais) deberiamos tentar que os grosores sexan semellantes.

Aparte, lémbrovos aos novos que teredes que traer estas catro cousas para todo o curso:

  1. Bata, mandil ou roupa vella Para non manchar a roupa propia coas tintas e outros materiais do taller.

  2. Caderno e bolígrafo/lápis Para tomar apuntes nas clases

  3. Material de debuxo axeitado Para facer os bocetos previos ao gravado.

  4. Luvas Poden ser desbotábeis

Máis detalles sobre materiais a traer e programa do curso en: http://www.casaldearte.com/2015/04/07/comezamos-o-curso-de-grabado/

Comeza o curso de Gravado

Hoxe comezou o curso de Gravado no Torrente Ballester. O primeiro día falamos da clasificación das técnicas de gravado e adicamos o noso tempo de prácticas a experimentar co monotipo, como podedes ver nestas fotos.

O día 9 comezará o curso o turno dos xoves.

Preliminares do Curso de Gravado

01042015317 Por fin, despois destas vacacións, comeza HOXE DÍA 7 o tan esperado CURSO DE GRAVADO NO TORRENTE BALLESTER.

Os alumnos que vaian ir os martes comezan hoxe, día 7. Os que teñan turno do xoves comezan pasado mañá, o día 9 de abril.

MOI IMPORTANTE: OS ALUMNOS QUE AÍNDA NON TEÑAN PAGADOS OS 20 EUROS DA MATRÍCULA TEÑEN QUE PASAR POLO CONCELLO (CULTURA, 2º ANDAR) E PEDIR A CARTA DE PAGO PARA PODER FACER O INGRESO NO BANCO. ISTO TEN QUE ESTAR PAGADO NESTA SEMANA (DERRADEIRO DÍA, 10 DE ABRIL) OU PÉRDESE O DEREITO DE MATRÍCULA.

Os listados pódense achar na web do Concello de Ferrol, no TABOLEIRO DE ANUNCIOS.

Mais para faciltarvos a tarefa vouvos poñer eu aquí a adxudicación de turnos. Eu non teño inconvinte en que fagades permutas entre un e outro turno para poder acomodar o horario da mellor maneira. Nas clases de hoxe e o xoves 9 falaremos disto.

LISTADO DOS DOUS GRUPOS:

GRUPO DO MARTES: COMEZO 7 DE ABRIL

  1. Sendón López, Mª Carmen
  2. Bucley Pérez, Cleopatra A.
  3. Aramendia Catalán, Marta
  4. Cachaza Prieto, Yolanda
  5. Hoyo Suárez, Mª Jesús
  6. Veiga Freire, Nicolás
  7. Dulce Anca, Das —————————————–até aquí a 1ª tanda de matrículas.
  8. Castro Fernández, Avelino
  9. Martín Romero, Mª Asunción
  10. Iglesias Navidad, Estela
  11. Rubín Iglesias, Ángel Carmelo
  12. López Botana, Carmen
  13. Saavedra Barcia, Pilar
  14. Barros Carnero, Marta
  15. Nodar Fernández, Mario

GRUPO DO XOVES, COMEZO 9 DE ABRIL

  1. Solano Molina, José Miguel
  2. Álvarez Porto, María A.
  3. Rey Díaz, Alejandro
  4. Díaz Sanjuán, Mª de las Mercedes
  5. González Piñón, Patricia
  6. Valdivieso Mateo, Mario
  7. Yáñez Leira, Oliva
  8. Vázquez Fernández, Mª Cristina
  9. Blanco Vázquez, Belén
  10. Rubio Parada, Concepción
  11. Varela Martín, Rosalía
  12. Serantes Freire, Josefina

Así xa sabedes cal é o grupo no que vos toca vir en principio, os listados definitivos xa os estableceremos na clase. E a continuación póñovos tamén o programa definitivo do curso e o material que tendes que traer xa o primeiro día se podedes.

PROGRAMA DO CURSO Trimestre: 13 sesións.

  1. O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado. A imaxe invertida. Monotipos.

  2. Técnicas aditivas: Carborundum/Colaxe/Collagraph.

  3. Carborundum/Colaxe/Collagraph II.

  4. Técnicas subtractivas: Linóleo I.

  5. Linóleo II.

  6. Gravado directo: Punta Seca en plásticos.

  7. Punta Seca en metal.

  8. Augaforte electrolítico.

  9. Augaforte e augatinta I.

  10. Augaforte e augatinta II.

  11. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas I.

  12. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas II.

  13. Preparación da exposición de final de curso.

MATERIAIS

Os materiais do curso, na súa maior parte, están incluídos. Parte deles son ferramentas de uso común na aula (compártense) como gubias, puntas secas, bruñidores-rascadores, tórculo, prensa vertical, cubetas, etc. Outra parte son materiais funxíbeis como placas metálicas (cobre e zinc), papeis, tintas, tarlatana, baños mordentes… Non obstante hai certos materiais que debe prover o alunado, e son os que detallo a continuación:

  1. Bata, mandil ou roupa vella Para non manchar a roupa propia coas tintas e outros materiais do taller.

  2. Caderno e bolígrafo/lápis Para tomar apuntes nas clases

  3. Material de debuxo axeitado Para facer os bocetos previos ao gravado.

  4. Luvas Poden ser desbotábeis

USO DAS FERRAMENTAS DO TALLER

O uso das ferramentas de gravado debe facerse con precaución e atendendo ás indicacións do profesor. En canto á utilización do tórculo, prensa vertical e fonte de alimentación eléctrica debe facerse sempre baixo a supervisión do profesor para evitar posíbeis danos. Non estará permitido sacar ningunha das ferramentas fóra da aula-taller.

Curso de Gravado no C. C. Torrente Ballester

IMG-20150220-WA0012O próximo día 7 de abril comezaremos a impartir o curso “GRAVADO: TÉCNICAS BÁSICAS” no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Un curso moi completo no que durante tres meses tocaremos as principais técnicas de gravado, desde os monotipos ata o gravado calcográfico electrolítico. Inclúese todo o material preciso e o prezo total é de só 20 euros. Haberá dous grupos, un deles os martes e outro os xoves, de 17 a 20 h. A inscrición xa está aberta no Concello de Ferrol (podedes preguntar en Cultura, no 2º andar), e aconsellámosvos anotarvos axiña, pois as 15 prazas por grupo (30 en total) daranse por orde de inscrición.

O prazo de inscrición prorrogouse ata o día 31 de marzo, polo que aínda tedes uns diíñas para aproveitar. Máis alá do día 31 non hai posibilidade de se inscribir.

PROGRAMA:

  1. O Gravado. Principios. Clasificación das técnicas de gravado.
  2. A imaxe invertida. Monotipos.
  3. Técnicas aditivas: Carborundum.
  4. Colaxe/Collagraph.
  5. Técnicas subtractivas: Linóleo I.
  6. Linóleo II.
  7. Gravado directo: Punta Seca en plásticos.
  8. Punta Seca en metal.
  9. Augaforte electrolítico.
  10. Augaforte e augatinta I.
  11. Augaforte e augatinta II.
  12. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas I.
  13. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas II.
  14. Gravado ao aceite, ao azucre e técnicas mixtas III.
  15. Preparación da exposición de final de curso.

Aquí está a FOLLA DE INSCRICIÓN na web do Concello: https://www.ferrol.es/arquivos/documentos/cultura/obradoiros_primavera_2015/OBRADOIRO_GRAVADO_SOLICITUDE.pdf

Curso de Caligrafía en Sargadelos

800px-Calligraphy.malmesbury.bible.arp

Textura del siglo XIII (Wikipedia).

Desde hace unos meses estamos impartiendo un curso de Caligrafía Artística en Galería Sargadelos de Ferrol.

En el curso vamos centrando la atención en un estilo de escritura cada mes. Actualmente estamos centrados en la gótica textura, la que suele considerarse como la gótica más clásica de todas y que ha tenido un extraordinario éxito desde su aparición en el siglo XIII. De hecho, la primera tipografía, la que Guttemberg utilizó para su “Biblia de 42 líneas” era una imitación muy fiel de la gótica de textura, incluidas sus abreviaturas.

Las clases son los sábados de 11 a 13 h en Galería Sargadelos Ferrol.